Este aviso legal informa das condicións de uso deste sitio web. O acceso e utilización dos contidos deste sitio web supoñen a aceptación destas condicións xerais polas persoas usuarias.

1. Identificación

En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio electrónico, informamos de que o titular do sitio web  www.cruprod.com é: 

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA con domicilio na rúa Illas Cíes nº10, Nigrán, Pontevedra; NIF F06999411, correo electrónico cru@cruprod.com  e inscrita no Rexistro Provincial de Cooperativas, Xefatura Territorial de Consellería de Emprego e Igualdade de Vigo, no Libro de Inscrición de Sociedades Cooperativas ao tomo XIII, folla 1182-PO e baixo o Asento núm. 1.

2. Obxecto

A través deste sitio web CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA pretende mostrar e ofrecer aes usuaries os seus servizos.

3. Privacidade e tratamento de datos

En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos de que por medio deste sitio web se recollen datos de carácter persoal necesarios para prestar o servizo de venta de produtos orixinais de CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA. Estes datos serán gardados nun ficheiro propiedade de CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA e, excluíndo os casos legalmente establecidos, non serán comunicados nin cedidos a terceiras persoas sen o consentimento expreso de seu titular.

Os datos de carácter persoal que es usuaries proporcionen recibirán o tratamento especificado na sección de Política de privacidade.

Es usuaries comprométense a garantir a veracidade, exactitude e autenticidade dos datos que proporcionen. 

4. Propiedade intelectual

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA é propietaria de tódolos contidos que se mostran neste sitio web e especialmente, dos deseños, textos, imaxes, logos, iconas, botóns, software, nomes comercias, marcas, ou calquera outros signos susceptibles de utilización industrial ou comercial. Por tanto, este sitio web en conxunto está protexido polos dereitos derivados da Lei de Propiedade Intelectual.

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA so autoriza a utilización dos contidos deste sitio web para a difusión sen fins lucrativos dos seus proxectos. Calquera outro uso debe ser previamente consultado e autorizado. 

Non autoriza a reprodución, utilización ou transformación destes contidos, cando sexa con finalidade comercial ou lucrativa ou cando puidera lesionar os intereses ou prexudicar a imaxe de CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA ou de terceiras persoas lexítimas. 

5. Responsabilidade

At CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA we put all the means at our disposal for this website to work properly. However, we cannot guarantee that there are no interruptions or errors in accessing the website or its content, nor that it is constantly updated or without inaccuracies. So we are not responsible, among other irregularities, for:

  • Posibles interrupcións, fallos, omisións, retrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico motivadas por deficiencias, sobrecargas ou por calquera outra causa allea ao noso control.
  • Intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación.
  • Abuso indebido ou inadecuado deste sitio web. 
  • Erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas deste. 
  • Danos e prexuízos de toda natureza que puideran derivar da mala utilización dos servizos e información de libre disposición e uso por parte des usuaries deste sitio web. 

6. Modificacións

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida neste sitio web, da configuración, dispoñibilidade e presentación desta, así como das presentes Condicións de Uso.

7. Ligazóns

Neste  sitio web pódense incluír ligazóns a outros espazos web, xestionados por terceiras persoas. CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA non se responsabiliza do contido de ditos sitios, nin se sitúa nunha posición de garante nin de parte ofertante dos servizos ou información que se poidan ofrecer a través destas ligazóns. Así mesmo, non implican necesariamente a existencia de ningún tipo de relación entre estas terceiras persoas e CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA.

Do mesmo xeito, autorízase o establecemento por parte de terceiras persoas de ligazóns a esta páxina web, sempre que estas ligazóns non teñan finalidade comercial nin lucrativa. As ligazóns establecidas por terceiras persoas deberán permitir que e usuarie coñeza que accede á páxina web de CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA e deberán facer visible necesariamente o URL correspondente a esta páxina web. O establecemento de ligazóns por parte de terceiras persoas non implica a existencia de ningún tipo de relación entre eles e CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA.

8. Dereito de exclusión

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA poderá retirar temporalmente ou de forma definitiva, por propia iniciativa ou a instancias dunha terceira persoa, o acceso aos servizos prestados por este sitio web sen necesidade de aviso previo aes usuaries que incumpran estas condicións de uso ou fagan uso indebido do mesmo.

9. Forza maior

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA non será responsable en todo caso da imposibilidade de prestar o servizo da páxina web, se esta se debe a interrupcións prolongadas do subministro eléctrico, liñas de telecomunicacións, conflitos sociais, folgas, rebelión, explosións, inundacións, actos e omisións do Goberno, e en xeral todos os supostos de forza maior ou de caso fortuíto.

10. Lei aplicable e xurisdición

As presentes condicións de uso, e o uso deste sitio web rexeranse pola lexislación española aplicable. En caso de controversia, as partes someteranse aos Xulgados e Tribunais da cidade de Vigo (Pontevedra).