1. Obxecto

As presentes condicións teñen por obxecto regular a relación contractual entre CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA (a vendedora) e es usuaries, consistente na compravenda dos produtos que poñe a disposición a través do sitio web www.cruprod.com . CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA ofrece a venda dos seus produtos a través deste sitio web só a consumidores finais. 

O idioma no que se formalizará este contrato de compravenda é o galego. 

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA declara que ten plena capacidade e lexitimidade para realizar os actos xurídicos de transacción dos bens que poña á venda a través do sitio web www.cruprod.com  manifestando, así mesmo, que entende e recoñece que coa aceptación das presentes condicións contractuais queda vinculada na súa totalidade respecto do contido destas.

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA resérvase o  dereito de suspender os seus servizos en caso de que calquera usuarie non cumpra coas presentes condicións na compra. 

Antes de realizar unha compra, rógase que e usuarie lea estas condicións, pois sen a aceptación expresa destas, non poderá realizar o pedido. Ademais, debe lelas antes de cada compra, pois CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA resérvase o dereito exclusivo a modificalas sen previo aviso. Do mesmo modo, CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA pode modificar a oferta comercial en calquera momento (os produtos, o seu precio, promocións, etc.).

2. Produtos e prezos

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA ofrece a venda dos produtos dispoñibles na páxina web www.cruprod.com . Os prezos figuran xunto con cada produto en euros e neles está incluído o IVA, non así os gastos de envío, que se sumarán ao total antes de finalizar a compra.

 Tódolos pedidos suxéitanse á dispoñibilidade dos produtos. Se se producen incidencias en canto ao seu subministro, ou se non quedan artigos en stock, informarase inmediatamente ae consumidore e procederase ao reembolso de calquera cantidade que puidese abonar. A brevidade da devolución na conta bancaria de consumidore dependerá do tipo de tarxeta bancaria e das condicións de cada entidade bancaria.

3. Pago

O método de pago que CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA acepta é a través de tarxeta bancaria.

Unha vez efectuado o pago, e consumidore recibirá por parte de CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA un correo electrónico, na conta de e-mail asignada a tal efecto, informando que a compra e o pago realizáronse correctamente. Ademais, e consumidore poderá solicitar o envío da factura en formato electrónico pola mesma vía ou, no seu caso, revogar o seu consentimento para recibir a factura en formato electrónico, en calquera momento, enviándonos un e-mail á dirección de contacto. 

Cando o pago sexa efectivo, as obrigas de consumidore  con CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA concluirán, a menos que exercite o seu dereito á resolución do contrato en caso de falta de conformidade ou o seu dereito de desistencia (ambos recollidos máis abaixo). 

4. Envío e entrega

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA só realizará envíos ao territorio peninsular e ás illas Canarias. O envío efectuarase a través de Correos por un importe de 4,87. 

O envío realizarase entre 2 e 3 días laborais e posteriormente comunicarase a través do email proporcionado pole usuarie o número de seguimento de Correos. A entrega tardará entre 3 e 5 días laborais. 

5. Dereito de desistencia

Dacordo co Real Decreto Lexislativo 1/2007 de 16 de novembro que aproba o texto da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, e consumidore ten dereito a desistir deste contrato nun prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que adquira a posesión material dos bens comprados. 

Para exercitar o dereito de desistencia, e consumidore deberá notificar a súa decisión de desistir do contrato a través do formulario indicado máis abaixo. Poderá utilizar este modelo de formulario de desistencia, aínda que o seu uso non é obrigatorio.

Para cumprir o prazo de desistencia, basta con que a comunicación relativa ao exercicio pola súa parte deste dereito sexa enviada antes de que venza o prazo correspondente de 15 días.

En caso de desistencia por parte de consumidore, devolveránselle tódolos pagos recibidos, incluídos os gastos de envío (coa excepción dos gastos adicionais resultantes da elección pola súa parte dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria que ofrezamos) sen ningunha demora indebida e, en todo caso, a máis tardar 14 días naturais a partir da data na que informe da súa decisión de desistir do presente contrato. Procederase a efectuar dito reembolso utilizando o mesmo medio de pago empregado pole consumidore  para a transacción inicial, a menos que dispuxera  expresamente o contrario. En todo caso, non incorrerá en ningún gasto como consecuencia do reembolso. Poderase reter o reembolso ata recibir os bens, ou ata que e consumidore presente unha proba da devolución dos mesmos, segundo que condición se cumpra primeiro.

E consumidore deberá devolver ou entregar directamente os bens á dirección que se lle facilite dentro do territorio do Estado español, sen ningunha demora indebida e, en calquera caso, a máis tardar no prazo de 14 días naturais a partir da data en que comunique a súa decisión de desistencia do contrato. Considerarase cumprido o prazo se efectúa a devolución dos bens antes de que conclúa dito prazo. E consumidore deberá asumir o coste directo de devolución dos bens.

Este é o modelo de formulario de desistencia que e consumidore pode utilizar: 

  • Á atención de CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA
  • Pola presente comunícolle/comunicámoslle  que desisto do meu/desistimos do noso  contrato de compravenda do seguinte ben
  • Pedido o (*)
  • Nome de consumidore e usuarie ou des consumidores e usuaries
  • Domicilio de consumidore e usuarie ou des consumidores e usuaries
  • Data

6. Garantía en caso de falta de conformidade

CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA responderá da falta de conformidade do produto adquirido pole consumidore que se manifeste no prazo de dous anos a partir da entrega. A falta de conformidade debe ser entendida nos termos dos artigos 115 bis y 115 ter do Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, que aproba o texto de la Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios. Esta falta de conformidade debe ser probada pole consumidore. En caso de ser acreditada por CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA, e consumidore poderá esixir a corrección da falta de conformidade, a redución do prezo ou a resolución do contrato.  

Non se inclúen na garantía as deficiencias ocasionadas por neglixencias, uso ou manipulacións indebidas, nin por materiais sometidos a desgaste polo seu uso normal.

Para exercitar estes dereitos debe poñerse en contacto con CRU PRODUCIÓNS S. COOPERATIVA GALEGA a través de correo shop@cruprod.com  indicando o número de pedido.

7. Lexislación aplicable e xurisdició

Mediante a aceptación destas condicións de venda, as partes sométense á lexislación española e aos tribunais da cidade de Vigo (Pontevedra)  para resolver os posibles litixios que poidan xurdir desta relación contractual.